Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 200 corredores participarán na carreira popular de categorías menores polo 75 aniversario do colexio Martínez Otero

Con motivo da celebración do 75 aniversario da fundación do Colexio Martínez Otero de Foz, este venres 27 de marzo celebrarase a CARREIRA POPULAR DE CATEGORÍAS MENORES, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e do Concello de Foz, a parte de outras entidades da vila, nas inmediacións do colexio e na zona portuaria coa participación de máis de 200 corredores e corredoras das categorías benxamín, alevín feminina, alevín masculina, infantil feminina e infantil masculina.

As carreiras sucederanse a partir das 15.00 horas para rematar coa entrega de medallas en torno ás 16.30 horas.

CATEGORÍA BENXAMÍN (masculina e feminina) nados/as no 2006 e 2007: 475 metros.

CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA (nadas nos anos 2004 e 2005): 800 m.

CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA (nados nos anos 2004 e 2005): 1000 m.

CATEGORÍA INFANTIL FEMININA (nadas nos anos 2002 e 2003): 1000 m.

CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA (nados nos anos 2002 e 2003): 1400 m.

Exit mobile version