Site icon Crónica3.com A Mariña

5 medallas para o CD Egovarros-Viveiro no Campionato Galego de Veteranos de Campo a Través

IMG_2024Viveiro, 17 de febreiro de 2015.- O pasado domingo celebrouse na localidade da Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Veteráns de Campo a Través, cunha masiva participación de atletas representando a todos os clubes de Galicia.

O C.D. Egovarros-Viveiro desplazou 19 atletas para participar nas distintas categorías. Todas as atletas da categoría femenina e os da masculina tiñan que correr unha distancia de 5300 metros. A categoría masculina de 35 a 44 anos a distancia era de 7500 metros.

As medallas acadadas polos atletas do clube viveirense foron: na categoría M70 medalla de ouro para Antonio Cabana, en M65 medalla de plata para Antonio Hernandez e o seu compañeiro Fernando Ramos fíxose có bronce, na categoría de M45 medalla de bronce para Ricardo Álvarez e na categoría de M40 medalla de bronce para Marcelo Vasquez.

No apartado por equipos, na categoría de M35 e M45, os atletas de Egovarros foron cuartos a tres puntos do equipo que obtivo o terceiro posto. E na categoría por equipos de máis de M45 obtiveron a octava posición.

O próximo campionato que terán que afrontar será o Campionato Galego de Pista Cuberta de Veteráns, na Coruña o vindeiro 1 de marzo.

Exit mobile version