Site icon Crónica3.com A Mariña

Menú especial e aloxamento no Hotel Restaurante O Cabazo por San Valentín

Ribadeo, 6 de febreiro de 2015. O hotel restaurante ribadense O Cabazo preparou un menú especial para San Valentín, que poderán degustar aquelas parellas que se acheguen os días 13, 14 ou 15 ata o establecemento. A proposta inclúe: corazóns de lagostinos, zamburiñas ó albariño, sorbete de limón á cava, roliños de tenreira recheos en salsa de Oporto e mousse de crema de queixo con froita da paixón. Os viños cos que poderán acompañar estas viandas son: branco ribeiro Pazo do Mar ou tinto mencía Ponche da Boga, ademais de auga mineral, café e licores da terra. O prezo por parella será de 50 euros e todos os comensais terán a oportunidade de participar no sorteo dunha noite na suite do hotel con botella de cava e almorzo incluídos. O sorteo efectuarase o 18 de febreiro.

A oferta do hotel restaurante O Cabazo para este San Valentín 2015 complétase coa posibilidade de contratar unha promoción especial de aloxamento, que inclúe habitación dobre, cea con menú especial de San Valentín e almorzo por 100 euros a parella. Os interesados poden facer xa os seus reservas no propio hotel, situado na rúa Río de Amalló Nº1 de Ribadeo, no teléfono 982 128 517 ou no correo electrónico ocabazo@ribadeoturismo.com.

Exit mobile version