Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado anual de primavera do Valadouro, o 28 de marzo

mercado-valadouroO vindeiro 28 de marzo de 2015 celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera do Valadouro que contará con numerosa actividade polas rúas de Ferreira. Este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antaño, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20.00 horas e poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982 57 15 16 ou nas oficinas da casa da cultura do concello de O Valadouro. Así como tamén con motivo do Mercado Anual, se vai celebrar un taller de decoración de zocas (totalmente de balde) o sábado 7 e o domingo 8 de 17.00 a 19.00 horas previa inscrición chamando ó teléfono 982 57 15 16 ou nas oficinas da casa da cultura do concello do Valadouro.

Exit mobile version