Site icon Crónica3.com A Mariña

Non somos tontos

Os sufridos habitantes do estado español, non son tontos e seguen xulgando con dureza a situación do país. Alleos aos múltiples anuncios publicitarios e medias verdades que suxiren o contrario, un 83% mantén a idea de que a economía do pais vai mal e un 67% cre que non vai cambiar nos meses próximos e, que si o fai, será a peor. Para un 68% o paro vai seguir durante bastante tempo igual de alto que agora ou ata máis. E quen espere réditos políticos pola xestión da crise, debe ter en conta que, en proporción de dúas a un, predominan quen pensan que si a economía mellora non será grazas ás medidas do Goberno.

E si o presente vese mal, o futuro albíscase aínda máis negro: o 72% dos españois cre que, cando pase a crise, as cousas non volverán xa a estar como antes; un 74%, que o noso país sairá dela cun incremento da pobreza e da desigualdade; un 73%, que os mozos non terán, non teñen xa, a oportunidade de desenvolver unha vida persoal e profesional como a dos seus pais; e un 84%, que os máis desfavorecidos tardarán moito en recuperar as prestacions e axudas con que antes contaban. Así as cousas, non pode sorprender que boa parte da cidadanía volva a mirada cara a dúas formacións novas: Podemos e Cidadáns que, en conxunto, conseguirían o mesmo porcentaxe de votos (algo máis do 39%) que a suma de PP e PSOE.

Pero as eleccións non son mañá e as enquisas son soio enquisas. Faltan meses e quedan moitas bazas por xogar e moitas cousas por dicir e facer. A Podemos, por exemplo, parece estar empezando a pasarlle algunha factura a súa dureza verbal, a súa falta de propostas concretas e a súa descalificación, en bloque, duns anos, os da Transición, especialmente queridos e añorados polos cidadans de a pe, e que, en cambio, Cidadáns, recorda e enxalza en canto ten ocasión. A formación de Pablo Igrexas é agora, tralo PP, o partido ao que unha maior porcentaxe de españois di que nunca votaría (o 32%: unha cifra superior en 11,6 puntos á súa intención directa de voto). PP e PSOE teñen, neste momento, moito perdido, pero non todo e, quizá, non de forma irreversible. Dependerá de como encaren e vivan este período de penitencia e cilicio co que a sociedade os castiga. Si evitan o vértigo autodestructivo que poida causar o onte perdido e en cambio abordan, en serio, un proceso de depuración, oxigenación e renovación, non parece posible,aínda que si difícil, que puidesen recuperar parte da credibilidade perdida. E con ela, parte dos votos que agora lles son negados. De como, nestes meses, actúen uns e outros dependerá que ao final consigan contar con máis ou menos ases para o tempo novo que parece aveciñarse.

Otero Regal.

Exit mobile version