Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova charla informativa do PSOE de Foz na Hermida

Foz 06/02/2015.- O lugar da Hermida é o elexido polo PSdeG-PSOE de Foz para achegar aos veciños e veciñas unha nova Charla Informativa e para presentar ao candidato ás vindeiras eleccións municipais Jaime Cancio.

Na antiga escola, este vindeiro domingo día 8 ás 17’00h, os socialistas e Jaime Cancio celebrarán unha caharla para, xunto cos veciños e veciñas, analizar a actual situación do Concello de Foz en xeral e da Hermida en particular.

O candidato, Jaime Cancio, fará unha exposición das liñas mestras do programa socialista co que pretende demostrar hai outra maneira de gobernar mais próxima á veciñanza, con un proxecto capaz de aglutinar as demandas que formulan os veciños e os diferentes colectivos sociais e no que a maioría se sinta representado.

Exit mobile version