Desde a terceira praza, con 40 puntos, o Burela FS recibirá ao oitavo clasificado (25 puntos), que vén de empatar co líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (3-3) e que conta con Patri Chamorro como a súa grande arma “sobre a que o equipo basee o seu xogo”, indicaba Lucas. “Creo que se mantemos esta actitude e a intensidade demostrada en Ourense, unida á boa defensa, podemos sacar un bo resultado mañá” adiantaba o focego recordando a vitoria da súa estrea a semana pasada na pista do Cidade Burgas (2-3).
A única ausencia será Patri, que continúa co proceso de recuperación tras a intervención de menisco.
Na primeira volta, as burelistas impuxéronse a domicilio 2-4.
Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.
Podio
Con dous puntos máis que as laranxas, o Cidade das Burgas defenderá a segunda praza na complicada pista do UA Alicante, cuarto. Unha xornada máis accesible a priori terá o líder madrileño (48), coa visita do undécimo, Viaxes Amarelle.
*Foto: A Caixa Escura Produccións.