Site icon Crónica3.com A Mariña

O Campañazo de Foz remata tras repartir 3.000 euros en premios

final-campañazo fozRosa Mª Rodríguez Giralt e Mª Pilar Lorigados Montouto foron as gañadoras do último sorteo do Campañazo de xaneiro celebrado o pasado venres en Foz. Cada unha recibiu 150 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACIA/CCA Foz. Estas dúas mulleres seguiron o sorteo na cafetería Xoyma, onde unha delas se fixo co cartón premiado e a outra en Don Zapato. En total no Campañazo de xaneiro ACIA/CCA Foz repartiu 3.000 euros en premios. Desde a directiva amósanse moi satisfeitos coa acollida que tivo un ano máis esta iniciativa que todos os venres reúne a centos de persoas nos locais hostaleiros da vila para seguir en directo os sorteos, que se realizaron ás once da noite en Radio Foz.

Exit mobile version