Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro sortea unha escapada a París por San Valentín

Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir de deste sábado 7 de febreiro a campaña de San Valentín 2015. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a París do 10 ó 12 de abril.

O xeito de participar é moi sinxelo, o sábado 14 de febreiro instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 15 euros. No reverso do ticket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tickets de compra poderá ser dende o sábado 7 de febreiro ata o sábado 14 de febreiro.

O sorteo realizarase o luns 16 de febreiro ás 16.00 horas nas oficinas da Asociación. Comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador.

Con esta campaña, a asociación de comerciantes aposta unha vez máis por premiar a fidelidade dos seus clientes, cun agasallo moi especial para estas datas.

As bases do sorteo e toda a información pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Tuenti.

Exit mobile version