Site icon Crónica3.com A Mariña

O Círculo Podemos de Cervo celebrará reunións cos veciños durante o mes de marzo

O Círculo Podemos de Cervo realizará nos vindeiros días unha serie de reunións cos veciños.

“Achegarémonos a eles, pobo a pobo, en reunións de participación aberta, sen dar ningunha lección a ninguén, nin dar ningún mitin. Queremos que nos transmitan as súas inquietudes, identificar con eles os seus problemas (desemprego, precariedade laboral, carencia de servizos como a de conexión de ADSL ou mesmo o saneamento, etc) e dialogar con eles sobre cales serían as solucións máis axeitadas para estes problemas”.

“Cremos no contacto directo cos nosos veciños, polo que non perderemos a oportunidade de que nos coñezan, que saiban que estamos en Cervo. De seguro que os nosos veciños teñen preguntas respecto a Podemos ou sobre como nos estamos a organizar. Por iso os convidamos a traballar con nós. Este é o primeiro paso para realizar asembleas”.

Exit mobile version