Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Martínez Otero organiza unha carreira popular de categorías menores polo seu 75 aniversario

Con motivo da celebración do 75 aniversario da fundación do Colexio Martínez Otero de Foz, organízase unha CARREIRA POPULAR DE CATEGORÍAS MENORES para o vindeiro 27 de febreiro a partir das 15.00 horas.

A proba celebrarase nas inmediacións do Colexio e na zona portuaria.

Contamos coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e do Concello de Foz, a parte de outras entidades da vila.

As categorías e as distancias a percorrer son as que seguen:

CATEGORÍA BENXAMÍN (masculina e feminina) ..nados/as nos anos 2006 e 2007: 475 m
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA (nadas nos anos 2004 e 2005) ………………. 800 m.
CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA (nados nos anos 2004 e 2005) ………………. 1000 m.
CATEGORÍA INFANTIL FEMININA (nadas nos anos 2002 e 2003) ……………… 1000 m.
CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA (nados nos anos 2002 e 2003)……………… 1400 m.

As inscricións faranse a través da páx web do colexio www.martinezotero.es ou directamente no colexio antes do 24 de febreiro.

Exit mobile version