Fernández Valle indicou que “o que imos facer é proceder á renovación dos alicatados do chan e das paredes ademais de todo o que ten que ver coa fontanaría desas instalacións. Queremos que eses vestiarios estean nas mellores condicións posibles para a súa utilización”.
Piñeiro lembrou “o compromiso deste equipo de goberno coa educación e co deporte deste concello. Durante o verán renovouse a pista polideportiva descuberta deste mesmo colexio, na que se investiron 22.000 euros”.
O concelleiro de Obras engadiu que “nas últimas semanas tamén estamos a pintar e renovar os vestiarios do pavillón dos institutos. A nosa preocupación por arranxar todas estas instalacións é máxima”.