Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela arranxa as fontes do parque de Suafonte e da praza de Antonio Gallery

fontes-burelaBurela, 12 de febreiro de 2015. O Concello procede ao arranxo das fontes do parque de Suafonte e da praza de Antonio Gallery, que este xoves visitaron o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e o alcalde, José Mª González Barcia.

O edil popular explicou que “a petición dos veciños da zona procédese á reparación da fonte do parque de Suafonte, que foi construída ao mesmo tempo que o parque a través dun obradoiro de emprego no ano 2001 cun goberno municipal do Partido Popular e sendo conselleira de Familia Manuela López Besteiro. Tamén realizaremos o amaño da fonte da praza de Antonio Gallery”.

Fernández Valle dixo que “a de Suafonte levaba sen funcionar unha tempada prolongada e agora estase procedendo á súa limpeza, ao saneamento das gretas que poida ter, para evitar filtracións de auga, e ao pintado da zona de estanque da fonte, para deixala en condicións de ser usada”.

O concelleiro de Obras indicou que “todos estes traballos, en Suafonte, están facéndose con persoal municipal e está previsto tela rematada e en funcionamento, se o tempo acompaña, a finais deste mes ou na primeira semana de marzo. Lamentamos que non se tivera feito antes esta obra, pero non puido ser porque houbo outras prioridades”.

Exit mobile version