Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela entrega os diplomas ós participantes do programa ‘Atención a Inmigrantes ‘ e ‘Educación Familiar’

diplomas-burelaO alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, presidiron este xoves a entrega de diplomas aos participantes nos programas de Atención a Inmigrantes e de Educación Familiar, organizados polo Concello burelés.

Segundo explicou Diana Durán “trátase dos diplomas dos cursos de esforzo de integración, alfabetización básica e xornadas sobre a prevención do absentismo escolar dirixidos ás comunidades inmigrante e xitana respectivamente e financiados polo Fondo Social Europeo”. E engadiu: “con este tipo de accións preténdese dar un paso máis para a boa integración e para a igualdade de oportunidades no noso concello”.

O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello de Burela.

Exit mobile version