Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela está a arranxar os vestiarios do pavillón dos institutos

burelaBurela, 2 de febreiro de 2015. O Concello está a arranxar os vestiarios do pavillón dos institutos, que se estaban a deteriorar. Os concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro, o alcalde, José Mª González Barcia e dos directores dos dous centros que utilizan esas instalacións visitáronas este luns.

Segundo explicou o edil de Obras “estamos arranxando os vestiarios do pavillón dos institutos, que se estaban deteriorando. A obra consiste no pintado e na renovación do solo”. A concelleira de Deportes lembrou que “este pavillón utilízano os dous institutos de Burela para as clases de educación física e ademais está sendo usado para a práctica de distintos deportes, practicamente todos os días de luns a venres ata as once da noite. Co cal son vestiarios polos que pasa moita xente tanto estudantes como outras persoas que practican diversas actividades deportivas nesa instalación. Polo tanto entendíamos que procedía levar a cabo a reparación deses vestiarios”.

Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro sinalaron que “para organizar a execución dos traballos falamos cos directores dos dous centros, para poder compaxinar o uso dos vestiarios co horario de clases. Estímase que as obras poderán estar rematadas nun prazo de 15 días aproximadamente”.
Pola súa banda o rexedor dixo que “a relación entre o Concello e os dous institutos é boa e o Concello colabora con eles en todo o que pode, a pesar de que son centros de ensino secundario”.

O alcalde, os concelleiros de Obras e de Deportes e os directores dos dous institutos bureleses visitaron est eluns o pavillón no que se está a actuar e supervisaron os traballos que se realizan.

Exit mobile version