Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo asegura que “a temperatura da auga da piscina se sitúa estes días nos 28 graos sendo o máximo legal 30”

Cervo, 13 de febreiro de 2015- O Concello de Cervo informou de que a temperatura da auga da piscina a día de hoxe é de 28 graos e que, polo tanto, sitúase dentro do marco legal, que establece que debe estar entre os 25 e os 30 graos. De todos os xeitos, a Concellería de Deportes explicou que durante practicamente todo o ano a auga mantense nos 30 graos, e que os 28 graos actuais son froito dunha situación puntual, provocada polas sucesivas olas de frío, que non son habituais na Mariña.

Desta maneira, conforme vaian subindo as temperaturas no exterior, a auga irá gañando graos progresivamente. Cabe destacar que a piscina municipal de Lieiro ten 2 millóns de litros, o que significa que o aumento de temperatura da auga irase notando moi pouco a pouco, sempre que non volvan baixar as temperaturas de forma extrema.

Ao mesmo tempo a Concellería explica que existe unha avaría na climatización da piscina, que afecta á sensación térmica. O problema rexistrouse nun dos ventiladores que ten que ser substituído, polo que o Concello esta á espera de que chegue o novo equipo para a súa reposición.

Exit mobile version