Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello solicita de novo á Deputación que repare os buratos “de grande profundidade” das estradas provinciais ao seu paso polo núcleo de Cervo

depu-reparacionCervo, 11 de febreiro de 2015-O Concello amosou este mércores a súa preocupación pola situación de inseguridade viaria que se rexistra nas estradas da Deputación ao seu paso polo núcleo de Cervo. En concreto, o problema principal son os buratos “de grande profundidade” que se atopan en vías provinciais, como a estrada que une Cervo con Sargadelos, onde existe unha abertura de case medio metro de fondo, e que pode causar “accidentes de tráfico graves pero también puede generar peligros para los peatones” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

A edil lembra que a finais do 2014 o Concello enviou un escrito ao Goberno Provincial solicitándolle a reparación deste burato e tamén se encargou de sinalizalo como medida provisional preventiva “a la espera de que la titular de la carretera, la Diputación, realizase los trabajos”.

Alonso tamén se referiu a outro burato, neste caso na Avenida de Galicia, unha das estradas de acceso ao núcleo de Cervo, no que o aglomerado se atopa afundido xerando un desnivel importante e que o Concello tamén sinalizou. “No estamos hablando de baches, sino de agujeros en el asfalto de grandes magnitudes que ponen en riesgo a todas las personas que transitan por ellas”, engade a edil, que lembra como os técnicos da Deputación discorren habitualmente por esas vías.

Exit mobile version