Site icon Crónica3.com A Mariña

‘O Crédito’ chega a Viveiro

o-creditoEme2 emoción&arte presenta a comedia ‘O Crédito’ este sábado 28 de febreiro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das oito e media do serán da man de Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso. No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe. Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella.. Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.. O crédito estreouse en Barcelona e xa leva 8 meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A versión en castelán tamén xa está estreada e colleitou o mesmo éxito. As entradas poderanse adquirir a partir das 19.30 horas na taquilla do teatro o día da función cun máximo de 4 entradas por persoa.

Exit mobile version