Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSIF critica que o Comité de Empresa de Alcoa “deixara pasar un mes para pedir explicacións pola desaparición do departamento de nóminas”

O CSIF de Alcoa San Cibrao critica que “o Comité de Empresa deixara pasar un mes, desde que o CSIF fixera pública a desaparición do departamento de nóminas porque se subcontrata a unha empresa catalá, sen pedir explicacións”. E, do mesmo xeito, “o departamento de limpeza de Bolsas tamén está pedindo ofertas porque o queren subcontratar”.

Nese sentido, “non é lóxico que un sindicato se converta en voceiro da empresa á hora de vender as bondades desta; e, ó mesmo tempo, silencia as inxustizas e o desmantelamento que na mesma se produce”, denuncia José Manuel Piñar.

De feito, advirte que “se teñen comentado moito na Mariña as declaracións do presidente do Comité de Empresa en referencia á paga de producción que abona ALCOA ós seus traballdores, pero non se di nada do coste que isto supón para os traballadores como é o feito de que os traballadores accidentados na fábrica sexan recollidos e devoltos en taxi diariamente das súas casas á fábrica para que non contabilicen os días de baixa. A cambio, conséguense miles de euros en descontos por parte da Seguridade Social. E este parámetro é fundamental para subir o valor da paga de producción”.

Exit mobile version