Site icon Crónica3.com A Mariña

O Enduro Team Galipizza&Cía arranca a temporada cun podio en Chantada

Bo comezo de temporada para o Team Galipizza&cía na Liga Galega de enduro en Chantada onde o seu piloto Manuel Grandío conseguiu este domingo 22 de febreiro un terceiro posto na categoría Open 4t. Por outro lado, o outro piloto do equipo Santi Chao acadou un sexto posto na súa categoría, Veteranos Pro.

Presentabase un día con moita néboa e algo de chuvia, pero moi bo de temperatura para a práctica do enduro. A carreira daba comezo ás 11.30 horas e máis de 200 pilotos procedentes de moitos puntos da xeografia galega, e algúns doutros lugares de España, tomaban a saída nas diferentes categorías.

Despois dun bonito percorrido por carballeiras e camiños do lugar, chegábase á primeira das especiais do día, unha cronometrada extrema con zonas de escaleiras e saltos, por un terreo moi escorregadizo. Dende entón facíase outro tramo de enlace pegados polas beiras do encoro de Belesar e chegábase a un tramo cronometrado que sería o que marcaría as diferenzas máis grandes de tempos, xa que tiña varios quilómetros de longo. As categorías Pro facían este percorrido tres veces; mentres que as demais, dúas.

Sub 21
Cabe destacar tamén a boa actuación do piloto local do Viveiro Enduro, Eduard Didich, que na súa primeira carreira de enduro logrou subir tamén ó caixón tras conseguir acabar en terceiro lugar na categoría Sub21 que se estrea este ano para os máis novos.

Exit mobile version