Site icon Crónica3.com A Mariña

O fútbol base inaugura o campo municipal da Veiga

O campo de fútbol municipal da Veiga abriu de novo as súas portas este domingo despois das obras de remodelación que promoveu e financiou o Concello de Cervo.

A remodelación e modernización do campo municipal da Veiga levouse a cabo cos mellores materiais e de última xeración, sendo o único de Galicia destas características, o cal mellorará o adestramento e o xogo e permitirá un uso intensivo durante todo o ano, e tamén de noite. De feito, a iluminación é de alta potencia pero coidando o consumo eléctrico, xa que se trata de luminarias eficientes, ao igual que toda a instalación, que permite aforrar gastos de mantemento.

O novo campo de fútbol tivo un custo de 380.000 euros financiados polo Concello. Unha obra na que o goberno local contou co apoio dos clubs de fútbol e que en palabras do alcalde “ben seguro que se converterá nun foco de actividade, nunha instalación de referencia para o fútbol de base no noso concello e para o deporte en xeral, sen esquecer o seu papel dinamizador da economía e da sociedade”.

Exit mobile version