Site icon Crónica3.com A Mariña

O Hotel Restaurante O Cabazo celebra o Entroido coas segundas xornadas do lacón con grelos

Ribadeo, 13 de febreiro de 2015. O hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, celebra a chegada do Entroido organizando as súas xornadas dedicadas a resaltar algúns dos pratos típicos da cociña galega nestas datas. As primeiras terán ao cocido tradicional como protagonista do luns 16 ao mércores 18 de febreiro. Nelas os comensais poderán gozar dun completo cocido ao prezo de 20 euros por persoa. E do 19 ao 22 de febreiro serán as segundas xornadas do lacón e os grelos, que servirán para homenaxear a dous produtos estrela desta tempada. Os interesados poden facer xa os seus reservas no propio hotel, situado na ribadense rúa Río de Amalló Nº1 ou no teléfono 982 128 517.

Desde o hotel restaurante O Cabazo, explican que “en este 2015 hemos querido repetir organizando estas jornadas especiales, después del buen resultado cosechado el año pasado. Con esta propuesta queremos celebrar la llegada de las fiestas de Carnaval y para ello ofertamos dos menús especiales para la próxima semana. El primero será el que ofreceremos en nuestro restaurante el lunes, martes y miércoles y estará dedicado al cocido tradicional. El segundo se podrá degustar desde el jueves y hasta el domingo y tendrá al lacón y a los grelos como base”. Os comensais que se acheguen a gozar das segundas xornadas do lacón e os grelos poderán saborear un primeiro prato a elixir entre: croquetas de lacón con grelos, revolto de lacón curado, grelos e gambas, pastel de lacón con grelos e puré de pataca ou crema de caldo galego con picatostes; un segundo a escoller entre lacón con grelos e patacas, lacón asado no seu mollo ao forno ou lacón á prancha; sobremesa a elixir entre leite frito, arroz con leite caramelizado ou chulas en leite con redución de canela; viño tinto mencía Joaquín Rebolledo; augas minerais; café e chupitos da terra. O prezo para os dous menús será de 20 euros por persoa.

Os propietarios do hotel restaurante O Cabazo esperan que “la gente se anime de nuevo este año y venga a disfrutar de estas jornadas en las que ya estamos trabajando”.

Exit mobile version