Site icon Crónica3.com A Mariña

O Infantil A do CD Burela FS Pescados Rubén gozarán da Minicopa de España 2015

infantil-aO equipo Infantil A do CD Burela FS Pescados Rubén, dirixidos por Mario Pillado e Christian Fustes, gozará da Minicopa de España Cidade Real 2015 baténdose ao Inter Movistar en cuartos de final ao Inter Movistar, o venres 13 de marzo.

A Minicopa Infantil de Fútbol Sala celebrarase de forma paralela á XXVI Copa de España Cidade Real 2015 coa participación dos equipos infantís dos oito clasificados para o torneo. Un atractivo máis que rodeará a Copa de España e que estará aberto a todos os públicos, onde os equipos se verán as caras na localidade manchega do 13 ao 15 de marzo, para dilucidar cal é a mellor escuadra infantil de Fútbol Sala do país, nunha competición cuxas Semifinais e Final se poderán ver en directo en www.lnfs.es.

Venres 13 de marzo
Pavillón Porta Santa María

10.30 horas: ElPozo Murcia FS-Jaén Paraíso Interior

12.30 horas: Inter Movistar-Burela FS Pescados Rubén

Pavillón Príncipe Felipe
10.30 horas: Magna Navarra-Palma Futsal

12.30 horas: FC Barcelona-Aspil Vidal Ribera Navarra FS

Sábado 14 de marzo, Pavillón Quijote Arena
10.30 horas: Semifinal 1 Gañador (A) – Gañador (B)
12.30 horas: Semifnal 2 Gañador (C) – Gañador (D)

Domingo 15 de marzo, Pavillón Quijote Arena
12.00 horas: Gañador Semifinal 1 – Gañador Semifinal 2

Exit mobile version