Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mercado do Souto do día 22 de Febreiro celebra o Antroido

Cervo, 19 de febreiro de 2015.- Karrikanta e Airiños do Xunco convidan a participar este domingo día 22 de Febreiro no Mercado do Souto, no pavillón de Cervo. O horario será de 10.00 h a 14.00h,

Din desde a organización: “Coma sempre trataremos de ter unha boa xornada de encontro para tod@s e teremos callos preparados, hortalizas, doces, pan empanadas, requeixo e viandas riquísimas para todxs”

Ademáis, este domingo celebrarán o Antroido no mercado do Souto, chamando á participación da veciñanza con doces, orellas, filloas, rosquillas, frores… Haberá tamén agasallo para o máis tradicional e o máis anovador, e terase en conta as materias primas utilizadas na elaboración, e a súa presentación.

Exit mobile version