Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro lamenta o apagón informativo do equipo de goberno socialista

Unha vez máis, posto que esta situación xa se ten dado noutras ocasións, o Grupo do PP de Viveiro quere manifestar a pouca transparencia e a deixadez do equipo de goberrno municipal socialista, posto que non temos recibido unha soa acta da Xunta de goberno local dende o 31 de outubro de 2014. Isto levanos a pensar que ou ben non se reúnen, ou ben non sabemos por que motivo non se non entrega copia das mesmas dende xa fai catro meses. Non hai moito, nun pleno a Sra. Alcadesa remitianos, ante unha pregunta que lle faciamos, a que consultásemos as actas de xunta de goberno local, pero malamente imos poder seguir o seu consello si non nos fan entrega das mesmas. Agardamos que poñan solución rápidamente a esta situación, posto que do contrario teremos que adoptar outro tipo de medidas.

O bloqueo informativo chega a tal punto, que diversa documentación que temos solicitada dende novembro do 2014 ( nº rexistro 8328 do 14/11/14 ), dende decembro do 2014 (nº rexistro 9235 do 15/12/14 ), dende xaneiro de 2015 ( nº rexistro 76 do 08/01/2015 ), toda ela relativa a información vista nos rexistros que efectuamos nas entradas e saídas do concello, todavía estamos esperando a que se nos facilite, polo que si en breve non se nos facilita, presentaremos o correspondiente certificado de actos presuntos, esperando que este surta o efecto desexado e non pasar a outro tipo de accións.

Así mesmo tamén seguimos esperando, tal e como se acordou por unanimidade no Pleno do 2 de outubro de 2014 – fai xa casi 5 meses -, se nos facilite a copia do informe da Policía Local sobre as distintas zonas escolares para ver de adoptar posibles medidas de protección nas mesmas, e a creación dunha comisión para tratar asuntos relacionados coa seguridade vial. O cumplimento deste acordo foi solicitado polo noso grupo en decembro de 2014 ( nº registro 9345 do 17/12/2014 ) sin que ata a data obtivesemos resposta algunha.

Como se pode comprobar todo un exemplo de transparencia informativa e dilixencia na xestión, aínda que como xa vimos poñendo de manifesto ó longo de toda esta lexislatura é un sinal de identidade deste equipo de goberno municipal que se caracteriza pola súa inacción e deixadez. Unha mostra máis do anunciado pola Sra. Alcadesa cando manifestou na súa investidura, que ía seguir coa herencia recibida.

En Viveiro a 27 de febreiro de 2015
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro.

Exit mobile version