Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro pensa que “o centro de recollida para animais podería estar feito en condicións fai tempo”

O Partido Popular de Viveiro non deixa de sorprenderse cando lee declaracións nos medios como as efectuadas polo Sr. Cal, Primer Teniente de Alcalde – el Progreso o 1 de febreiro -, cando afirma en relación ás instalación provisionais para o coidado de animais abandonados que teñen no Monte San Roque, que “ deberíamos de ter máis axudas “ ou “os concellos estamos desprotexidos, pois carecemos das axudas que terían que facernos chegar as consellerías….”.

Dende o PP de Viveiro creemos que é todo un exercicio de cinismo político, posto que queremos recordarlle o primer teniente de Alcalde que a Xunta de Galicia – esa mesma que trata tan mal a Viveiro- tivo comprometidos 60.000 euros durante cinco anos – do 2006 ata o 2011 – para a construcción do mencionado centro.

Así o 27 de novembro de 2006 asinabase convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Viveiro para a creación deste Centro, comprometéndose a Consellería a aportar 10.000 € para o 2006 e 50.000 € para o 2007, sendo a duración do mesmo ata o 31 de decembro de 2007. Como non foi posible executar a obra neste ano, asínabase unha addenda para modificar a duración do mesmo que pasaba a ser ata o 31 de decembro de 2008.

No ano 2008 tampouco se puido executar a obra pola falta da licenza municipal, polo que se formalizou unha nova addenda para ampliar a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2011, establecendo unhas anualidades de 10.000 € para o 2006, 6000 para o 2009, 36.000 para o 2010 e 8000 € para o 2011. Nos anos 2009 e 2010 o Concello non executou ningunha obra nin xustificou ningún investimento ao abeiro do devandito convenio.

O 9 de decembro de 2010 reuniase a comisión de seguimento do convenio e dadas as dificultades de orden urbanísitico para poder levar a cabo a obra, decidían de mutuo acordo, a resolución deste convenio, o que se asinaba o 4 de outubro de 2013.

Como se pode comprobar esta obra si puido estar ben feita xa fai tempo, e axudas tamén había, o único que non había e o mesmo que acontece agora, faltan as gañas, a capacidade de decisión e todo se volta botarlle a culpa os outros para tratar de tapar a propia incapacidade e a falta de xestión.

Exit mobile version