Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo perde 3 puntos ante o Ordes (1-2)

Ó cuarto de hora de partido, Jesús Torres anotaba para o Ordes ante o Ribadeo nun partido disputado no Municipal de Foz. Antes do descanso, os visitantes marcarían o segundo nun pase posterior a un roubo de balón.

Con esta situación, os celestes buscaron o gol xa na segunda metade. Despois do penalti sobre Jacobo que transformou Santi, o Ribadeo buscaba o empate no campo do Ordes. As ocasións máis claras ante unha ordenada defensa visitante chegarían cun remate de Adrián García, un cabezazo de Dapo e un penalti que reclamaron sobre Vilela.

Finalmente, o empate non chegou e os celestes viron escapar outros 3 puntos que os colocan na décimo quinta posición da táboa na xornada 24. Complicada situación para os mariñáns que se medirán ó terceiro e cuarto clasificado nas dúas vindeiras xornadas.

Exit mobile version