Site icon Crónica3.com A Mariña

O saxofonista da Banda de Ribadeo Martín García Lorenzo, gañador do concurso de solistas do Conservatorio Xoán Montes de Lugo

martinRibadeo, 13 de febreiro de 2015. O saxofonista da Banda de Música Municipal de Ribadeo Martín García Lorenzo gañou un concurso de solistas organizado polo Conservatorio Profesional Xoán Montes, de Lugo.

A asociación Amadores da Música deu a coñecer que “hoxe toca, cando menos, estar cheos de ledicia, xa que Martín García Lorenzo, saxofonista da nosa Banda e alumno de 4º Grado Profesional, foi gañador por segunda vez do Concurso de Solistas na categoría de Banda que organiza o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, de Lugo. Exemplo a seguir por todos/as. A nosa máis sincera noraboa”.

Ademais Amadores da Música desexa transmitir a tódolos/as músicos/as da Banda de Música Municipal de Ribadeo “o máis sincero recoñecemento pola dedicación e compromiso que na maioría dos casos se veñen dando. Esperamos que nesta nova tempada, que está comezando, este compromiso sexa como mínimo igual que na tempada anterior, para poder facer fronte aos novos retos que se aveciñan, retos coñecidos por todos/as”.

Exit mobile version