Site icon Crónica3.com A Mariña

O Senado aproba unha moción para axilizar as axudas nas zonas afectadas polo temporal

11, febreiro, ’15.- O Senado aprobou no Pleno deste mércores unha moción, a proposta do Grupo Parlamentario Popular, na que se insta ao Goberno a adoptar as medidas necesarias para paliar os danos producidos polo último temporal de frío, neve e vento en boa parte do territorio español.

Segundo o texto da moción ínstase ao Goberno a que, “unha vez remitido o temporal de frío, neve e vento que afectou estes días a unha boa parte do territorio peninsular e de acordo co Real Decreto 307/2005, de 18 de marzo, realice de forma inmediata unha valoración dos danos producidos polo temporal e proceda no menor prazo posible a realizar as xestións oportunas para procurar a concesión das axudas necesarias que palíen os danos materiais e persoais ocasionados no marco das súas competencias e dentro das disponibilidades presupuestarias”.

O temporal arrasou determinadas zonas da Península, cunhas nevadas históricas e intensas choivas que ocasionaron o desbordamento nas concas hidrográficas do Norte, especialmente a do Ebro. Como consecuencia diso producíronse importantes danos en infraestruturas viarias, rúas, vivendas, garaxes e empresas de diversas poboacións. En Galicia varias comarcas do interior de Lugo e Ourense, quedaron illadas durante días.

A moción, que foi aprobada por unanimidade, insta ao Goberno a axilizar as axudas que contempla a lei para situacións de urxencia ou catástrofe natural.

Exit mobile version