Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz solicitan unha reforma para mellorar a seguridade no cruce da estrada Ferreira-Foz

O desvío existente na estrada da costa que conduce hacia Ferreira a altura da Corredoira acapara un importante número de sinistros de tráfico, debido a unha deficiente visibilidade provocada polo cambio de rasante.

Pensamos que como implementación da prometida renovación do asfalto desta estrada, deberíase facer un estudo para modificar o deseño de dito acceso, ven sexa unha rotonda, un carril adicional de desvío, etc de forma que se potencie a seguridade vial preservando a integridade dos usuarios da estrada. Por todo isto, solicitaremos o voto favorable no próximo pleno a través dunha moción para instar tanto á Xunta de Galicia coma ó Ministerio de Fomento a realizar o estudo necesario para incorporar esta mellora nas obras que teñen previsto realizar nesta estrada.

Por outra banda a estrada pertencente á Deputación Provincial que vai dende Vilaxoane ata San Martiño atópase nunhas malas condicións acrecentadas polas últimas choivas que produciron corrementos de terra obstruíndo as cunetas, o que orixina que en moitos puntos desta estrada, sobre todo á altura de Río e de Reiriz a auga cruce dun lado ó outro co conseguinte risco para a circulación. Polo tanto solicitaremos por medio doutra moción o voto favorable da corporación para instar á Deputación Provincial á urxente limpeza das cunetas de dita estrada.

Exit mobile version