Site icon Crónica3.com A Mariña

Os garbanzos da prensa

Desde sempre cada líder, caudillo, rei ou dirixente human mantivo á súa beira historiadores afectos e pagos para que deixasen escritas as súas fazañas ao gusto particular. Famosos e documentados son os historiadores que acompañaban nas súas liortas aos emperadores romanos, ou os evanxelistas no camiño de Xesucristo, pero ademais, existiron outros moitos anónimos que dispersaban noticias de guerras ou feitos afastados en diversos formatos para o pobo analfabeto que non entendía a letra escrita, aí estaban os xoglares cantando en verso ou en prosa as novidades de terras afastadas, igual que os romances de cego.

Descendientes daqueles “contadores” e historiadores contemporáneos son os actuais xornalistas e reporteiros. Uns convertidos na voz do dono dos seus garavanzos, outros pretenden exercer por conta propia nun esforzo persoal arduo, plagado de zancadillas e escaseza de medios. Entre uns e outros movese a pléiade de confusos que nos queren facer crer que son independentes co dobre ánimo de non perder o sua autoestima e gañarse ao tempo os lectores que manteñen o seu posto de traballo. Os menos, exercen conforme ás súas ideas nun medio afín que lles paga por facer o que lles gusta.

Así, a confusión informativa arrástranos a posicionamientos radicais. Tanta información contradictoria, tantos puntos de vista que responden a tan variados intereses lévannos a pertrecharnos, de aquí non me movo, cos meus de sempre,. Ata que chega a dúbida político-existencial: E quen son agora os meus? Non hai máis que facer zapping pola cadeas televisivas ou radiofónicas, tanto máis repiten que son independentes e veraces canto menos o son, menten repetitivamente ata que pareza verdade.

Pero a Rede cóntao todo, por ela circula o que non nos meten polos ollos nin polos oídos, está a letra pequena que sempre esconde a verdade máis próxima á verdade, o que contan as testemuñas espontáneas, o que escriben os amantes da boa comunicación. Tamén hai morralla, e moita, pero pódese elixir e en pouco tempo a calidade imponse. As redes sociais son agora o terror dos malos gobernantes por iso soñan con recortalas. Difícil tarefa, aparecen os heroes século XXI, Edward Snowden, Jullian Assange, e moitos máis, que escenifican a vella tensión entre o tirano e o libertador.

Otero Regal.

Exit mobile version