Site icon Crónica3.com A Mariña

Os irmáns Galante Briones, cara ós campionatos de España de tiro con arco en sala

angel e gabriel galante brionesÁngel e Gabriel Galante Briones ultiman a súa preparación no polideportivo do Colexio Público Nº1 de San Cibrao, de cara ó Campionato de España de Tiro con arco en sala.

A vindeira fin de semana en Marina D`Or, en Castellón, celébrase o XI Campionato de España de tiro con arco en sala junior ó que acudirá Gabriel. A pesar de que aínda é cadete, Gabriel participará na categoría superior para ir adquirindo máis experiencia.

E na fin de semana do 14 e 15 de febreiro celébrase en Madrid o VIII Campionato de España de tiro con Arco en Sala para as categorías cadete e menores de 14 anos a onde se achegarán os dous irmáns, cada un competindo na categoría que lle corresponde. Gabriel intentará facerse co titulo de campión de España xa que o ano pasado logrou ser subcampión ó perder na final contra ó seu compañeiro do equipo galego Daniel Castro Barcala.

A súa participación en ambos campionatos vése avalada pola segunda mellor puntuación media galega na categoría junior e a primeira en cadete.

Ángel, pola súa banda, intentará mellorar o resultado do ano pasado que foi a súa primeira participación a nivel nacional finalizando 37º. Bo resultado se temos en conta que participaba cun arco básico de iniciación. Nesta ocasión, acode á cita cun novo equipo que lle axudará a mellorar a súa marca.

Exit mobile version