Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares bureleses recolleron propostas de colectivos culturais

ppburela-reunionsBurela, a 27 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Burela segue a liña de traballo marcada pola dirección do partido que encabeza José María González Barcia. Este xoves mantiveron a terceira reunión con colectivos do concello, neste caso cos que traballon no apartado cultural. Os populares agradeceron a ampla asistencia de colectivos e tamén as súas aportacións, anque, din os populares, “vemos que hai falla de locais e que a situación económica causa moitos problemas”.

Desde o PP burelés lembran que “o alcalde e o seu equipo de goberno foron quen de habilitar catro novos locais para asociacións e de recuperar as subvencións económicas: sempre é mellor repartir entre todos, aínda habendo poucos cartos, ca que se leven todo entre tres ou catro. E non foi doado recuperar as subvencións en 2013 e mantelas en 2014”.

Ao mesmo tempo, os populares bureleses comenzaron tamén este xoves unha rolda de reunións polos barrios cun dobre obxectivo: expoñer o que se fixo, se fai e se fará con carácter inmediato, e escoitar as propostas que poidan facer os veciños. A primeira das reunión tivo lugar no Mesón do Poeta, e terá continuidade este mesmo venres, ás 12.00 horas, na Moncloa. O luns, día 2, celebrarase outra reunión de veciños no Restaurante Os Remos ás 20.00 horas.

Desde o PP mostran a súa satisfacción por como se está desenvolvendo o traballo, sobre de todo as reunións con colectivos, con moita afluencia de colectivos e persoas, e con ganas de facer propostas en positivos, que por suposto, se agradecen.

Exit mobile version