Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Burela inician esta semana unha serie de reunións con veciños polos barrios

ppburela-deporteBurela, a 24 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Burela incrementa o ritmo de traballo de cara a preparar as eleccións municipáis de maio próximo. Se hai uns días comenzaron con reunión con colectivos, para esta mesma semana está previsto comenzar unha serie de reunións con veciños polos distintos barrios da vila, algo que o PP burelés fai habitualmente dúas ou tres veces cada ano.

Os populares teñen previsto explicar o traballo feito nos últimos meses, e recollerán propostas e suxerencias, seguindo a liña de traballo que se marcan neste tipo de reunión. Desde o partido indican que “esta é unha boa liña de traballo, que nos permite achegarnos ós veciños e poder intercambiar opinións dunha forma moi directa. Levamos anos facendo este traballo e cada vez estamos máis convencidos de que é unha das mellores formas de chegar á cidadanía”. De feito, a primeira reunión será este xoves, ás 20.00 horas, no Mesón do Poeta.

No referente ás reunións con colectivos, logo de celebradas tres das previstas, o PP de Burela valora positivamente as mesmas, xa que “nos teñen servido para escoitar algunhas cousas sobre erros que puidemos ter na nosa xestións, pero tamén para escoitar propostas interesantes, algunhas delas que se poden facer realidade en cuestión de meses, e outras sobre as que hai poñerse xa a traballar nestes momentos dado que son realizables a longo prazo”.

Finalmente, desde o PP de Burela, ademais de agradecer a asistencia e as aportacións ós colectivos cos que se teñen reunido, indican que “este ritmo de traballo se vai seguir mantendo con similar intensidade, tanto a nivel interno como no que se refire ó contacto diario coa cidadanía; xa que pretendemos explicar o mellor posible o que levamos conseguido, que cremos que non é pouco, e tamén queremos recoller todas aquelas propostas que poden aportar ideas importantes ó noso programa e polo tanto mellorar a calidade de vida dos nosos conveciños”.

Exit mobile version