Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Parolando’ con mozos deportistas mariñans

parolando-deportesNo Parolando desta semana participaron en Radio Burela catro rapaces deportistas da Mariña que están a destacar moi moito nas súas modalidades deportivas. Xoel, de Foz, Campión de España de Piragüismo, xunto coa súa nai Loli. Lara, destacada futbolista, actualmente no equipo de Segunda División do Friol, acompañada da súa nai Loló. Gabriel, Campión de España de Tiro con Arco, acompañado da súa nai Ana. E Rubén, Campión de España de fútbol coa Selección Galega, na que xogaba de porteiro, xunto coa súa nai Luisa. Os rapaces contáronnos as súas importantes experiencias deportivas, como son os seus adestramentos, os momentos máis felices e máis tristes da súa traxectoria… As nais acompañantes reveláronnos tamén os detalles da vida dos seus fillos, que teñen que compaxinar estudos, vida familiar e deportes. Algúns soñan con orientar a súa vida futura en relación co deporte; outros din que non, que traballarán doutra cousa e que o deporte só é un estadio provisional nas súas vidas. Sexa como sexa, os catro (Xoel, Lara, Gabriel e Rubén) son grandes deportistas, un orgullo para todos os mariñáns.

Exit mobile version