Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoal da Asesoría Torres informou a representantes de asociacións ribadenses das novas obrigas fiscais que lles afectan

torres-fiscaisRibadeo, 24 de febreiro de 2015. Concepción Torres e José Ángel Bolaño, da Asesoría Torres, informaron a representantes de asociacións ribadenses das novas obrigas fiscais que lles afectan aos colectivos. Foi nunha charla celebrada onte á noite no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo por iniciativa do Concello ribadense, que estivo representado polo concelleiro de Facenda e Deportes, Vicente Castro.

Na charla, que contou coa asistencia dunha trintena de representantes de diversos colectivos, explicáronse as recentes novidades fiscais que afectan ás asociacións deportivas, culturais, de nais e pais de alumnos, etcétera. As entidades afectadas a partir do 1 de xaneiro deste ano 2015 están obrigadas a declarar no Imposto sobre Sociedades as rendas exentas e non exentas que obteñan. Dito imposto deberá presentarse en xullo do 2016. Ademais ditos colectivos terán que presentar neste mes de febreiro a declaración informativa polas adquisicións de bens e servizos que no ano 2014 superasen no seu conxunto os 3.005,06 euros, incluíndo as subvencións recibidas das diferentes administracións.

Exit mobile version