Segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade “os dípticos fóronlles presentados e entregados ás asociacións e colectivos de inmigrantes do noso concello. Con esta actividade trátase de asesorar sobre os principios de convivencia veciñal, informando sobre as comunidades de veciños, horarios, recollida de lixo, limpeza de inmobles, ruído, mantemento das instalacións….Tamén se informa de xeito práctico aos empresarios e aos estranxeiros sobre os diferentes tipos de contratación e intentamos sensibilizar sobre o proceso par alugar unha vivenda”. A edil popular engadiu que “con esta información inténtase dar un paso máis no ámbito da acollida e acceso aos recursos e así favorecer o proceso de integración”.
Os tres dípticos fóronlles entregados esta mañá ás asociacións e colectivos de inmigrantes de Burela e nos vindeiros días serán repartidos “polas inmobiliarias, polas empresas e tamén entre o resto de asociacións de Burela”, dixo Diana Durán.
Os tres dípticos, dos que se editaron 500 exemplares, abordan: aspectos básicos sobre convivencia cívica; a contratación de traballadores/as estranxeiros/as; e o dereito de toda persoa a unha vivenda digna.