Por todos estes motivos, o sábado foi nomeado polo clube como o ‘Día da afición’ durante o encontro espérase realizar unha comunión equipo-afición, unha maneira de agradecer o apoio recibido dende o incio da tempada ata o momento actual. Por iso, todos os afeccionados que acudan vestidos con prendas de cor verde recibirán un agasallo por parte do clube.
Ademáis no descanso do encontro sortearase unha noite con almorzo incluido na “suite” da Tapería-Refuxio O Castro (patrocinador principal do equipo de fútbol sala). Para participar pódese cubrir un número por tan só 1€, durante a semana no Mesón Oliñas, no bar A Ribeira e o mesmo día do partido no Pavillón Municipal.