O neoliberalismo entre tantas, basea a súa estratexia no soño dourado que todos poderiamos alcanzar si vivimos para traballar e conseguir moito diñeiro co que comprar a felicidade. Nese estado placenteiro aceptamos que se privaticen os portos, aeroportos, a sanidade, a educación e outros sectores, en resumo, todo o que e publico, de todos os veciños do estado e da cartos.
Ou sexa, os que xeran negocio a través do inducido consumo ao que non podemos renunciar porque seriamos moi infelices e marxinados ante o sistema. ¡Que pena! Agora tócalle a AENA, empresa pública propietaria dos aeroportos españois (por certo, moitos deles son especialmente rendibles e foron metodicamente saneados para a ocasión. Si, si, xa realizou o traballo sucio para deixala como un detergente deses dos anuncios, dispostos a dar cartiños para os amigos . Claro, pero só o 49%, non sexamos ilusos, recorden as electricas, a banca publica….¿ata cando? Non faltará moito para que privaticen o Goberno. Quizá xa o estea. Vostedes que creen?
Otero Regal.