Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión do PP coa veciñanza de Galdo

O PP de Viveiro reunirase cos veciños de Galdo, este venres 6 de febreiro a partir das 19.30 horas en Casa Eladio na Feira de Galdo. A esta reunión están convidados todos os veciños de Galdo que desexen trasladar suxerencias, ideas ou necesidades que poidan ser incorporadas ó programa electoral das vindeiras eleccións municipais. Con esta, o PP inicia unha serie de reunións que manterá por todas as parroquias do concello co obxecto de coñecer de primeira man as necesidades reais dos veciños.

Exit mobile version