Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos do PP viveirense para o próximo pleno ordinario de marzo

Viveiro, 18 de febreiro de 2015.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Este grupo municipal fixo un Rogo no Pleno do 8/5/2014 ante a solicitude de varios veciños da parroquia de Galdo para que se puxeran contenedores de vidrio e cartón no lugar da Feira , preto do Bar Casa Eladio. Como queira que ó dia de hoxe non se colocaron e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa ou ó Delegado de Medio Ambiente, que atendan dunha vez esta petición e se coloquen os citados contenedores en Galdo e xa de paso aproveiten para poñerlle suxeccións ó resto de contenedores desta parroquia que carecen deles.

2º) No pleno do 2/10/2014 este grupo facialle un Rogo á Sra. Alcaldesa dando traslado das peticións de varios veciños do Barrio de Verxeles, na súa maioría personas de idade, da necesidade de máis bancos para sentarse xa que os que había resultaban insuficientes. A súa resposta foi que cando fose posible e que a idea era facelo cando se acometese na zona a obra para dotar a Viveiro dun doble sentido de circulación. Como dita obra xa comenzou e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que realice as xestións oportunas para a colocación dos citados bancos.

3º) Nas casas preto da Ponte en Portochao, na parroquia de Galdo ( carretera LU-P-6602) hai un tubo que atravesa a estrada e que se encontra tupido, motivo polo que en época de choivas non evacua correctamente e provoca que algunhas destas vivendas se inunden. Segundo os veciños desta zona levan preto de tres anos sufrindo esta situación, motivo polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que se proceda a destupir o mencionado tubo ou se dirixa o organismo competente e traten de darlle unha solución para evitar que este problema se siga repetindo.

4º) Tamén na parroquia de Galdo, tal e como nos comentan varios veciños, existe un eucalipto cruzado na Ponte de Cal – xa dende decembro -, motivo polo que estos temen que si hai unha riada poida desbordarse o río. Por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que procedan a súa retirada ou ben se dirixa ó organismo competente para liberar a ponte da mencionada árbore.

5º) Na Ponte de San Martiño en Galdo hai un enorme socavón que entraña un grave risco para os vehículos, motivo polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que proceda o seu arreglo ou se dirixa ó organismo competente para que lle den unha solución e evitar os riscos que entraña dito socavón nesta vía pública.

Exit mobile version