Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana de descanso tras o triunfo contundente ante o Vilalba (7-1)

O Burela FS Pescados Rubén B afronta a semana de descanso competitivo en Terceira División tras o contundente triunfo na visita do Valdesuso Peugeot Vilalba FS (7-1), nun duelo provincial ao que os chairegos chegaban pechando a clasificación.

Tras o comezo da segunda volta, con 9 puntos de 9 en xogo, os pupilos de Iván Cao, Lucas, é décimo con 19 puntos. O próximo compromiso será o 21 de febreiro, na pista do terceiro clasificado, Santiago Futsal.

Burela FS Pescados Rubén B:Erik, Alemán, Renato, Pancho (1), Borja, no cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Rubén (2), Ángel (1), Rafa (1), Daniel (1) e Javi Fajardo

Valdesuso Peugeot Vilalba FS: Luis, Rodrigo, Miguel (1), Diego, Sergio (1, p.p.), no cinco inicial; tamén xogaron Joel, Aitor, Iago, Aarón

Árbitros: Coello Martínez // Menéndez Nistal (Viveiro)

Tarxetas: Por Vilalba amarelas a Iago, Sergio, Rodrigo, Joel e Aitor.

Exit mobile version