Site icon Crónica3.com A Mariña

Solicitude de axudas por fillo menor a cargo no CIM de Viveiro

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro informa da publicación da Orde pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos (nacidos entre o 2 de xaneiro do 2012 e o 1 de xaneiro do 2015). Outro dos requisitos das axudas pasa por non ter presentada a Declaración da Renda no 2013. As persoas que desexen tramitar dita axuda poden facelo nas oficinas do CIM (Avda. Cervantes s/n – Claustros San Francisco) desde o martes 3 de febreiro ata o xoves 12 de marzo de 2015, en horario 09.00 horas a 14.00 horas. Para maior información acudir ó Centro de Información ás Mulleres ou chamar ós números de teléfono 982 55 04 21 ou 982 56 21 49.

Exit mobile version