Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de telefonía e voz IP no IES Perdouro de Burela

O martes 10 de febreiro terá lugar unha xornada formativa titulada Telefonía Voz IP, destinada ao profesorado e ó alumnado dos Ciclos Medio de Instalacións en Telecomunicacións e Superior de Mantemento Electrónico do IES Perdouro. Empezará ás 10.00 horas e desenvolverase ó longo de todo o día no taller de Electrónica.

Fernando Chapela da empresa Global Sistemas de Arteixo (A Coruña) será o encargado de impartir a formación sobre Telefonía e Voz IP.

Esta actividade forma parte do proxecto de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional premiado pola Consellería e presentado conxuntamente co IES Antón Losada Diéguez da Estrada, a través do profesor Ignacio Castro San Martin.

Co proxecto “Centraliña Voz lP con equipos de baixo custo”, ambos centros educativos traballan en paralelo para desenvolver unha centraliña de Voz IP con software libre e equipos informáticos de baixo custo. O obxectivo que se persegue coa confección da centraliña é conseguir un rendemento similar aos comerciais, mellorando a centraliña Voz IP. Alumnado e profesorado están a desenvolver os sistemas de instalación, medida e configuración das distintas centraliñas

Exit mobile version