Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha chamada á acción

Luis Alfonso Sixto.- O pasado 7 de febreiro un numeroso grupo de veciños de Foz xuntámonos no alto de Mañente, en Foz, para mostrar a nosa indignación polo lamentable estado da Carretera da Costa (N-642) e comezar o que denominamos “unha chamada á acción”.

O clamor social polo estado da vía é latente, e si a eso sumamos as constantes promesas incumpridas do corredor Barreiros-San Cibrao, o estado da N-634 ou o perigoso tramo da Autovía A8 en Mondoñedo fan que o sentimento de ninguneo institucional na Comarca medre día tras día.

¿Por qué os gobernos locais non lideran unha alianza polas vías de comunicación da Mariña? Porque na maioría dos casos non hai iniciativa, todo se supedita ao “que veña de Lugo”.

Estamos convencidos de que a inacción dos partidos tradicionais en moitas das demandas veciñais, débense exclusivamente á dependencia servil da política profesional.

¿Alguén pode crer que unha persoa cuxa profesión exclusiva é a política, vai levar a contraria ao aparato provincial ou autonómico do seu partido arriscando a súa carreira? Esa é a incoherencia que todo o mundo ve, pero eles salvagardan. Os veciños sempre perden.

Esta lóxica perversa tende incluso a que os partidos tradicionais escollan en moitos casos aos candidatos máis obedientes en lugar de aos máis válidos, creando climas de democracia de baixa intensidade que convulsionan a opinión xeral.

É de imperiosa necesidade a refundación política a través de novas estructuras de participación veciñal que implementen avances democráticos no modelo de representación pública.

Estamos convencidos delo, o avance da nova política é imparable.

Luis Alfonso Sixto
Foz, Plataforma de Futuro

Exit mobile version