Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha trintena de mozos reúnense con Luís Alfonso Sixto

Foz, Plataforma de Futuro reúnese con xóvenes do municipio para pulsar as súas inquedanzas e debatir propostas.

Preto dunha trintena de xóvenes de Foz se reuniron este mércores co candidato á alcaldía de Foz; Luis Alfonso Sixto e membros de “Foz, Plataforma de Futuro” para intercambiar opinións acerca das medidas de futuro que implantarían no pobo.

Xóvenes estudiantes, emigrados, emprendedores, desempregados e empregados… compartiron o seu punto de vista e aportaron propostas tendo como denominador común a necesidade dunha maior creatividade á hora de impulsar o sector laboral, as novas tecnoloxías da comunicación ou as actividades culturais e lúdicas para lograr potenciar o atractivo de Foz

Dende “FPF” facemos noso ese clamor dos xóvenes de que Foz tense que reinventar e poñer luz neste apagón institucional de ideas e frescura.

Apoiaremos o estudio de novas formas de cooperativismo laboral e comercial para fomentar o emprego xove.

Apoiaremos decididamente aos colectivos sociais e asociacións que dignifican a cultura do noso pobo con actividades tradicionais e de vangarda. Neste último ano xermolaron varias iniciativas nesto eido exemplares. Cremos neles.

Luis Alfonso Sixto adquiriu un serie de compromisos como reeditar este ilusionante encontro cos xóvenes en poucas semanas, dotar a xuventude nun lugar preferente no Consello Veciñal e incorporar as súas coherentes peticións ao ideario de FPF.

Para finalizar, o candidato Sixto instou ás forzas políticas focenses a que convoquen, escoiten e dialoguen tamén cos xóvenes de Foz que non pertencen ás súas organización xuvenís, porque mostran un gran criterio e “o futuro é deles”.

Exit mobile version