Site icon Crónica3.com A Mariña

Vence en Ribadeo

O portavoz nacional, Xavier Vence, asiste este venres 27 de febreiro ás 20.30 horas a unha charla-coloquio de presentación do libro de conversas co escritor e xornalista Xan Carballa, titulado Temos dereito a un futuro distinto, nun acto aberto que se celebrará na Casa das Letras de Ribadeo (Rúa Rodríguez Muría, 6). Será o propio alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, quen faga a presentación do acto.

Exit mobile version