Site icon Crónica3.com A Mariña

21 medallas para o CD Egovarros-Viveiro no campionato galego de veteranos de pista cuberta

O pasado domingo 1 de marzo celebrouse na Coruña en xornada de mañá e tarde, organizado pola Federación Galega de Atletismom o Campionato Galego de Pista Cuberta de Veteranos no que participaron os mellores atletas de Galicia representando ós seus respectivos clubs.

Polo equipo viveirense foron os 20 atletas que se desprazaron ata a Coruña tendo unha moi destacada participación en todas as probas nas que competiron.

O botín foron 21 medallas repartidas en 6 ouros, 8 pratas e 7 bronces; as medallas no apartado masculino acadáronas: José Rioseco en M70 que foi ouro en 400m e 800m; Antonio Cabana en M70, prata nos 400m e 800m e ouro nos 1500m; Fernando Ramos en M65, prata nos 50m e bronce nos 200m e 400m; Antonio Hernandez en M65, prata nos 3000m e 800m; Eliseo López en M60, bronce nos 3000m e 1500m; Salvador Patiño en M60, prata en 800m e 400m; Jose Ángel López en M40, bronce nos 1500m; Ricardo Álvarez en M45, ouro nos 1500m e Roberto Collazo en M35, bronce nos 800m e 1500m.

Este último debutaba na categoría de veteranos e facía a súa primeira actuación en pista cuberta con moi boas carreiras que o fixeron subir ó podio en dúas das probas nas que competía.

Pola súa banda, Ricardo Álvarez, facía unha impresionante carreira saíndo en cabeza e rematando a proba tamén en cabeza demostrando unha superioridade moi grande con respecto ós demais atletas.

E, no apartado feminino, as medallas correron a cargo de Begoña de Arriba en W55 que se fixo co ouro nas probas de lanzamento de peso e 50m e a prata nos 3000m.

Exit mobile version