“Unha nova edición da Feira de Stocks de Vegadeo, en abril, a que corresponde á Semana Santa. E xa van 18 con esta, que sen dúbida é a máis espectacular porque superamos os 70 expositores. Serán asturianos, galegos, de Toledo, de Madrid, de Biscaia, de Cantabria…; de varias provincias de España. A entrada é gratuíta e contamos cun amplo aparcadoiro, como saben todos os que nos visitan en cada edición. O horario é de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Dentro dos 70 expositores os sectores principalmente representados son os de téxtil, calzado para todas as idades, mobles, informática, complementos, fogar, libraría, pesca e ferraxaría, mesmo con venda particular”, explicou a rexedora municipal.
Begoña Calleja engadiu que “a novidade máis destacada desta edición non é só que enchemos todo o recinto feiral senón que o 40 por cento dos expositores veñen por primeira vez. Iso sen dúbida é pola razón fundamental de que Vegadeo, na súa capitalidade comarcal, se converteu nun dos puntos de referencia da Semana Santa, acompañado da gastronomía, do ocio, das actividades para os máis pequenos e mesmo das actividades deportivas e, como non, dunha Semana Santa tradicionalmente relixiosa. Temos tamén o comercio aberto e por todo iso esta feira de stocks en Vegadeo en abril, do 3 ao 5, non lla perdan, porque sen dúbida é o lugar da bisbarra para visitar esta Semana Santa”.