Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG Ensino denuncia que a Consellaría leva tres meses sen ingresarlle aos centros os gastos de funcionamento

A Mariña 26 de marzo de 2015.- A CIG Ensino fai novamente unha denuncia pública polos retrasos nos pagamentos ao centros de ensino públicos para o seu normal funcionamento.

Neste caso, a Consellaría leva desde o mes de xaneiro sen aportar os cartos para gastos ordinarios de financiamento aos institutos de secundaria tanto da Mariña como do país. Estes gastos fan referencia a gastos como reparacións, mantemento, subministro, luz, auga, comunicacións, seguros, inventariables, etc.
Estes retrasos nos pagos, desgraciadamente xa habituais da Consellaría, vén saltando a normativa en canto os libramentos dos fondos para estes gastos de funcionamento dos centros que ata hoxe eran sempre a finais de febreiro ou principios de marzo (xa con certo retraso).

Este retraso suponlles aos centros e as direccións dos mesmos un enorme prexuízo pois non poden facer máis gastos nin pagar aos provedores que tamén se ven prexudicados ao non poder cobrar os seus servizos e produtos. Mesmo é un obstáculo para o funcionamento de ensinanzas como os ciclos formativos pois sen eses pagos non se poden seguir desenvolvendo con normalidade. A maiores hai que recordar que a Consellaría veu reducindo as partidas para gastos de funcionamento nos centros públicos nos orzamentos destes últimos anos (este ano un 0,5%).

A CIG-Ensino fai un novo chamamento á Consellaría de Educación para deixe de seguir danando o funcionamento normal dos centros públicos e á educación pública en xeral e ingrese de inmediato o diñeiro adebedado aos centros de secundaria en concepto de gastos de funcionamento.

Exit mobile version